miércoles, 28 de febrero de 2018

Menú Marzo

martes, 27 de febrero de 2018

Xogando con globos

Non todo vai ser traballar... Tamén xogamos e... O PASAMOS PIPA!!!






lunes, 26 de febrero de 2018

Cadros con leite

Hoxe, Irea, Aldara e Paula preparáronnos unha nova actividade estupenda!

Necesitamos:

  • Cartón de leite enteiro
  • Prato ou cunca
  • Colorante alimentario: azul, amarelo e vermello
  • Xabón líquedo de mans
  • Bastóns para os oídos.
Poñemos o leite nun prato ou cunca e vertemos un pouco de cada colorante no centro, de xeito que as cores queden separadas.


Logo mollamos un bastón co xabón e debuxamos sobre o leite.


O leite se convertirá nun mar de cores, que bailarán e construirán formas.


Cando deixen de moverse podemos botar outras pingas de xabón nos bordes e o proceso repetirase.


Podemos probar con leite desnatado e veremos como as formas cambian debido á menor cantidade de graxa. Os xabóns, axudan a que a auga (no noso caso leite) e a graxa se leven mellor. Á graxa non lle gusta a auga, non se disolve nela; pero o xabón consegue coas súas partículas atraer a graxa e que se disolva na auga con facilidade e se desprenda de onde está "agarrada". 



Foi unha actividade tan chula que os nen@s de 3 e 4 tamén a quisemos realizar, así que Angelina e Andrea ( 4º ESO) viñeron a nosa clase.










miércoles, 21 de febrero de 2018

Flotabilidade dos corpos

Algúns corpos flotan na auga e outros afúndense, pero cando flotan ou cando se afunden? Miguel, Nayra e Xiana tráennos un novo experimento!



Collemos unha laranxa e a introducimos nun bol con auga. A laranxa flota.



 Pero se facemos o mesmo coa laranxa pelada...



... entón afunde. O aire que está nos buracos da pel da laranxa fai que flote. Fai como un flotador. Facemos bolas con plastilina, e veremos que afunden... pero se facemos un barco de plastilina, que pasa? Veremos que flota, porque a forma tamén determina que os corpos floten ou non.

Queredes probar? Imos aló.








lunes, 19 de febrero de 2018

Quen é quen?

Hoxe Nayra Doural, Xoán e Dani tráennos un xogo moi divertido. Mesturamos nun mesmo recipiente patacas cortadas e peladas con anacos de mazá. Que anaco é de mazá e que anaco é de pataca? Teremos que probalos?



Imos descubrir dun xeito sinxelo como separar anacos. Pelamos a pataca e a mazá e as poñemos nun recipiente con auga. Que pasa? Pois que a mazá flota e a pataca afunde!!!





Un anaco de mazá é máis lixeiro que a auga e a pataca é máis pesada que a auga.

Ademáis propuxéronnos un novo reto. Unha botella chea de auga cun xoguete no seu interior. Quen será capaz que afunda o xoguete??



Inmersión!!!! 






viernes, 9 de febrero de 2018

ECOENTROIDO

TRES ANOS


CATRO ANOS



CINCO ANOS


Entroido!!

¡¡¡CHEGOU O ENTROIDO!!! 🎉🎉
Outro ano máis, @s nen@s de infantil saíron polo barrio cos disfraces que diseñaron e confecionaron as súas profes. 
Este ano a temática foi "Contos Populares" Adiviñades de qué ían disfrazados os nosos peques??







Á volta do desfile tomamos unha merecida merendola con alimentos típicos do Entroido!! Estaba todo moi bo!!








E para rematar..... a bailar!!!

Qué pasedes unhas boas vacación de Entroido!!


jueves, 8 de febrero de 2018

FOTOMATÓN

Aquí están as fotos do fotomatón con todas as ordes do MECO. 
Que guapos e guapas!!!!







miércoles, 7 de febrero de 2018

Diverciencias III

Esta semana é o turno da Bioloxía. Paula e Nerea ( alumnas da ESO) trouxeronnos unhas caixas misteriosas para qué a través do sentido do tacto discriminasemos texturas e formas.
A continuación deixamos a nosa pegada dactilar e con lupas vimos as diferenzas.
Moi moi divertido!!!






4º ORDE DO MECO MANDA

Mañá será o derradeiro día do Meco Manda, hai que traer todo ben colocado: gorro, garavata, pulseiras e....
 Cando teñamos todo, faremos un fhotocall.








3º ORDE

Que preciosidades traían os nenos e as nenas nos seus pulsos!!! 
QUE CREATIVIDADE!!!!






 
Copyright 2009 Os galopíns. Powered by Blogger
Blogger Templates created by Deluxe Templates
Wordpress by Wpthemesfree