miércoles, 11 de octubre de 2017

Os músculos

Os alumnos de 5 anos seguimos co proxecto do corpo. Estes días aprendimos que os músculos están por riba dos ósos e debaixo da pel. Que nos permiten movernos, camiñar, correr, brincar, sorrir, abrir e pechar os ollos e a boca... Que hainos grandes, pequenos, largos e curtos. E que o máis grande chámase glúteo e está no cú.

Fixemos un xogo para darnos conta de todos os músculos da nosa cara. Puxémonos unha galleta na frente e tiñamos que mover os músculos da cara para levala ata a boca sen usar as nosa mans.













Probádeo na casa!! Pasaredes un bo rato :)


0 comentarios:

Publicar un comentario

 
Copyright 2009 Os galopíns. Powered by Blogger
Blogger Templates created by Deluxe Templates
Wordpress by Wpthemesfree