jueves, 23 de febrero de 2017

Festa de Entroido

Mañá venres, celebraremos o Entroido por todo o alto.

Temos que estar no cole ás 9:45, co chándal posto para disfrazarnos. Os alumnos de 3 anos e de 4 anos vestiranse na aula de 3 anos, e os alumnos de 5 anos vestiranse na aula de 4 anos, para axudarnos uns ós outros.

Coma todos os anos temos que traer alimentos típicos de entroido para merendar (ourellas, filloas...), pouca cousa que é para compartir. Despois de deixar ós nenos na clase respectiva os pais sodes os encargados de levar a comida á aula externa, onde estará unha profe para recibiros.

Unha vez disfrazados realizaremos un pasarrúas sobre as 10:20. Sairemos do cole dirección ó mercado, pasaremos por Sanjurjo Badía e baixaremos por Enrique Lorenzo de volta ó cole.

Despois da andaina merendaremos na aula externa onde facemos sempre a festa e pasarémolo en grande. A festa remata ás 13:00, estaremos nesa aula ata que veñades a buscar ós nenos. Os alumnos que están anotados a comedor quedarán coas profes ata que comece o servizo.

O servizo de comedor rematará ás 16:00 h. Confirmar en secretaría os alumnos que utilizarán dito servizo. Non haberá clase extraescolar de baile moderno por celebración da festa do entroido da ANPA.

Con motivo das festas do Entroido comunicámosvos que os vindeiros días luns 27, martes 28 de febreiro e mércores 1 de marzo non haberá clase e reanudaranse o vindeiro xoves día 2 de marzo en horario normal.


miércoles, 22 de febrero de 2017

Receita de San Valentín

Aproveitando que o 14 de febreiro foi San Valentín, en cociña fixemos uns bocadillos para enamorar 💓







 

O MECO MANDA 4º orde

Xa estamos preparados para recibir a 4º orde. Lembrade: cabeza tapada, gafas,bata e....


3ª Orde: Cumplida!!

Os galopíns de Infantil non faiamos!!





martes, 21 de febrero de 2017

O MECO MANDA 3º orde

E xa chegamos á terceira orde da semana, lembrade: cabeza tapada, gafas e.....

2ª Orde: Cumplida!

Aquí estamos os galopíns de Infantil!!








lunes, 20 de febrero de 2017

O MECO MANDA 2º orde

Esta é a 2º orde do Meco, hai que traer tapada a cabeza e...


1ª Orde: Cumplida!!

Galopíns de 3 anos...


 ...os de 4 e...



.. os de 5!!!


Preparádevos para a seguinte orde!!!



domingo, 19 de febrero de 2017

Todavía buscamos

Esta fin de semana animáronse a buscar Iker e Laila. Noraboa!!! Atopáchedes moitísimas!!








viernes, 17 de febrero de 2017

O meco manda 1º orde

Esta é a 1º orde do Meco este curso, esperamos vervos a todos guapísimos o luns.

jueves, 16 de febrero de 2017

Circular Meco

miércoles, 15 de febrero de 2017

Pódese repetir!

Claudia González non quedou contenta de todo a vez que foi na procura de estatuas, así que, coa súa nai e a súa tía, quixo repetir a experiencia. Coma sempre, moito mellor en familia :)







martes, 14 de febrero de 2017

Vanse animando

Noa tamén animouse a buscar estatuas. Aquí están as súas probas!!







Seguimos cazando

Ola :
Son Diego de 6º E.I.
Esta fin de semana fun cos meus pais e meu irmán á caza das estatuas de Vigo. Atopámolas todas! ;-)
Claro que algunhas xa as coñecía:
- O verán pasado fomos visitar a Xulio Verne e fixemos fotos co pulpo, como nos chamamos "Phulpin"!
- O Traballador está no camiño á piscina e pasamos cabo dela todos os luns.
- O Nadador é un súper tobogán, unha obra interactiva, Arte na Rúa!!
- Os Cabalos é unha das miñas favoritas, sobre todo cando bota moita auga.
- Os Mariñeiros son moi fortes e grandes.
- O Sereo é esa estatua que está ao lado do tiovivo e que lle gusta tanto a mamá.

Aquí vos envío unhas fotos da "Caza das estatuas".

Saudiños,
Diego Phulpin Arrizado

lunes, 13 de febrero de 2017

Máis estatuas!!

Claudia González tamén foi na procura de estatuas, incluso con este tempo tan tolo que temos. Moi ben!!!



Estatua Cazada!!

Xa temos as primeiras imaxes da busca das estatuas.Son de Martín Fernández e seu irmán, Mario.



A primeira estatua que viron foi este gran dinosaurio, que non lle deu ningún medo!! Aínda que non estaba na lista, pereceulles moi chula.



Logo atoparon esta estatua preto do Naútico, que está adicada a Xulio Verne.



Despois seguiron andando ata atopar ó grande nadador.



E por último foron á Plaza da Industria e atoparon O Ferreiro, moi chula, encantoulles.

Diverciencias: Semana da Física

Benvidos á Semana da Física. Ao longo da mesma os alumnos de infantil e primaria coñecerán a aplicación dagunhas leis da física que lles permitirá comprender a flotabilidade dos corpos, porque uns afunden e outros non, o efecto da salinidade na flotabilidade, o espectro do haz de luz, as presións, a resistencia, a tensión superficial da auga e a dilatación dos corpos. 
Todo o material empregado nas diferentes actividades é de construción propia. Os alumnos/as de secundaria participaron na elaboración do mesmo, e serán tamén alumnos de secundaria os que impartan a maioría das actividades aos máis pequenos.

jueves, 9 de febrero de 2017

Na procura das estatuas

Os alumnos de Infantil estamos traballando as rúas, en concreto, os de 5 anos estamos vendo monumentos do mundo.


 Así que queremos coñecer os monumentos da nosa cidade. Apetécevos buscar con nós algunhas das estatuas de Vigo?

Se ides na procura de algunha e a atopades, mandade unha proba ó noso correo: possumusinfantil@gmail.com, co asunto "ESTATUA CAZADA".
Comezaremos buscando 6 estatuas.


Estas son as pistas:

- Busca "O sireno"

- Cal é esta estatua e onde estará?

- Qué estatua encontraremos por aquí?

- Busca "Os cabalos"

-Cal será esta outra e onde poderemos atopala?

- Haberá algunha aquí?

BOA SORTE!!!


lunes, 6 de febrero de 2017

Diverciencias: Semana da Bioloxía

Benvidos á Semana da Bioloxía. Ao longo da mesma os alumnos de infantil e primaria achegaránse aos sentidos, as funcións vitais e á percepción humana, descubrirán os procesos relacionados coa nutrición e a respiración das plantas e coñecerán a eses pequenos animaliños que son os insectos. Aprenderán que a dentición dos animais está directamente relacionada coa súa alimentación, e serán detectives na procura de pegadas dactilares... 
Todo o material empregado nas diferentes actividades é de construción propia. Os alumnos/as de secundaria participaron na elaboración do mesmo, e serán tamén alumnos de secundaria os que impartan a maioría das actividades aos máis pequenos.




viernes, 3 de febrero de 2017

Aniversarios Xaneiro

Moitas felicidades ós nosos compañeiros que cumpliron neste mes.


Iago B. (4 anos)


Adrián (5 anos)


Naiara e Joel (6 anos)
 
Copyright 2009 Os galopíns. Powered by Blogger
Blogger Templates created by Deluxe Templates
Wordpress by Wpthemesfree